Ramón…o Fertimón!!!!!

ramon o fertimon

“Ramón…o Fertimón…!!!”

Hoxe quero recordar unha serie de anuncios que percorreron a nosa infancia galega cando estábamos a ver a “Teleghaita”, trátase do mítico RAMÓN O FERTIMÓN, unha especie de saco máxico, coma os feixóns de Son Goku, só que neste caso o que se lograba era facer crecer a herba dunha forma canto menos esaxerada…

fertimon

FERTIMÓN

fertimon donato

Ramón “o porteiro amigo da herba”

O primeiro e máis coñecido destes anuncios estaba protagonizado pólo famoso crego (que facía as veces de comercial deste fertilizante, que percorría a Ghalisia profunda incitando a calquera paisano que pasaba por alí para endosarlle un saco deste producto), e tamén polo famoso ex-xogador do Dépor…Donato, ahí vai:

Pero iso é trampa!!! A ver quen tira un penalti cunha herba tan larga como unha noite vendo Luar…!!!!

Aínda que con este tipo de tácticas, xa entendo como é que o Deportivo de Arsenio casi chega a gañar unha liga alá por mediados da década dos 90.

Nos seguintes anuncios víamos máis facetas do crego-comercial Seguir lendo

Escomezamos

GaliciaAinda que xa compartín un video de Arale, pra probar o tema e ver se me gustaba cómo ía quedando… aproveito agora e fago as presentacións…

Vou tentar reunir aquí todas esas lembranzas da infancia, crecendo diante da caixa tonta, vendo o Xabarín (e antes), os debuxos de Son Goku, Arale, o Carteiro Pat, Vickie o Vikingo e tantos outros que fixeron que medrar fose algo máis sinxelo e divertido.

Das nosas cabezas nunca fuxirán frases coma “quero un suxeitador!” ou “Santos morcegos, Batman!”, por non lembrar os sinxelamente xeniais dobraxes que a galega fixo nos 80 e 90… dobraxes que se perderon no tempo, por culpa da constante normativización da lingua. Moitas das grandes películas dobradas ó galego se voltaron dobrar adaptándose as novas normas, matando así moita da orixinalidade que tiveran. Xa non poderemos escoitar a Harry o Sucio dicindo aquilo de: “Vai foder un can!“, nin a Juliette Lewis pedíndolle a Tarantino que lle coma a perrecha.

Non acepto correccións coa miña forma de escribir. Non é normativa, nin pretendo que o sexa, por que considero que a normativización actual da lingua galega é unha merda… e punto.

Vos convido a visitarnos cando queirades e aportedes unha pizca con videos, imaxes, e calquera cousa que queirades.