Rubén Reinaldo e Kely García – Acuarel

Fai tempo que non escribiamos no blog, moito. É certo que non deixei de escribir no outro blog que teño (Zinemaníacos), mais teño moito agarimo a Santos Morcegos polo momento no que foi creado.

En resumo, aquí estamos de volta, e espero que con mais periodicidade que 1 entrada cada 6 anos xD O motivo é sinxelo, un bo amigo meu acaba de lanza-lo seu novo LP ó mundo. É unha mala época para os músicos, estando todos na obriga de ficar na casa… non poden ensaiar, non poden saír a tocar nos locais e facer o que mellor saben, entreternos.

Seguir lendo

Crafit – Atlántico y Mediterráneo

Non sei moi ben cómo chamarlle a isto… jazz-fussión, progresivo, expresionismo ou simplemente tolemia musical. O que sí sei é que me gusta moito.

Crafit é un proxecto de Rubén Reinaldo, guitarrista de Vigo que cita entre as suas influencias a señores coma Benny Jansson, Bela Fleck, Patrick Rondat, Rowan Robertson o Allan Holdsworth, entre outros.

Simplemente dádelle ó Play e desfrutade.