Cochambre – Doom über alles


12 temas de pura podredumbre temos aquí, neste primero LP de Cochambre. Unha banda plurinacional afincada en Vigo dende hai uns anos.

O disco, en liñas xerais, se move no xénero do death metal, sen moitos problemas. Nalgúns intres podemos apreciar algo de grindcore sen porcos, e moitas trazas do punk máis puro que podades imaxinar.

11 temas propios e unha versión, Never say die, de Black Sabbath, algo subida de revolucións, coa distorsión ó 11 e a mala baba ó 12.

Cochambre xa habían feito varias versións antes. De feito, teño no meu poder os dous traballos anteriores: Covered in Blood (2015) e Recovered in Blood (2018). Básicamente é o mesmo disco pero con unha canción máis este segundo. Nestes primeiros traballos tiñamos versións de Judas Priest, Led Zeppelin, The Offspring, Therapy, Carcass e incluso una versión bastante simpática do Mirada Asesina de Muro.

Agora se lanzaron a facer o seu primeiro LP, e eiquí podemos disfrutar del.

Teño que dicir que non sabería escoller entre Stench of life e How Many bodies. As dúas me provocaron unha luxación de pescozo.

Deixa un comentario